4º ESO

A CRISE DOS MÍSILES 


Penúltima entrada do blogue no curso. En outubro de 1962 o mundo ponse ao borde do abismo dunha guerra nuclear co episodio álxido da guerra fría: a crise dos mísiles en Cuba. Unha situación que cabe remomerar e comprender, dado risco da guerra de Ucraína, que pode semella anunciar o regreso dunha Guerra Fría entre as superpotencias e o  risco nuclear. Nesta entrega do blogue, en consoancia co que vimos de traballar na aula, propoñémosche o visionado do seguinte documental sobre este feito. Para velo pincha no icono de play ou ben no enlace que aparece abaixo:
Logo de visionar o documental realiza as seguintes actividades. [Fainas na libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE”: A CRISE DOS MÍSILES. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección en aula será o xoves 25 de abril na quinta sesión da mañán.


Rampas de lanzamento para misiles soviéticos en Cuba en 1962
ACTIVIDADE Nº 1: Resposta con brevidade ás seguintes cuestións.-
1. O documental empeza poñéndonos en antedentes coa chegada de Fidel Castro ao poder en Cuba. Que ditador cubano foi derrocado pola revolución de Castro?
2. Que presidente norteamericano concibe en orixe o plan de invadir Cuba cun exército de exiliados cubanos? Cantos exiliados participaron naquela operación e en que país foron entrenados pola CÍA?
3. Estaba previsto que a invasión de Bahía Cochinos contara co apoio dun ataque aéreo norteamericano. Por que cancelou Kennedy a última hora ese ataque cando os exiliados estaban xa desembarcando na illa?
4. Durante o verán de 1962 os soviéticos inician o traslado de soldados e mísiles nucleares a Cuba. Cantos barcos e cantos soldados soviéticos se calcula se estaban dirixindo a Cuba?

Xuntanza de Estado Maior na Cssa Branca con J. F. Kennedy
5. Que tipo de avión espía estadou-nidense fotografía a construcción de rampas de lanzamento e que día concreto de outubro?
6. Coñecedores do que estaba ocurrindo na illa, Kennedy reúne ao seu Estado Maior. A medida que semella ter máis forza naquela primeira reunión é un bombardeo da Cuba, pero rexeitase. Que argumenta Robert Kennedy para desbotar o bombardeo?
7. Finalmente imponse un bloqueo (ou cuarentena). Os soviéticos protestan, baixo que argumentos? Cal era o nome do petroleiro que levaba petróleo soviético e que doi detido e rexistrado naquel operativo de bloqueo?
8. Que suceso acaecido na illa elevou aínda máis a tensión o 27 de outubro?
9. Baixo que condicións -incluidas as segredas- chegaron Kennedy de Kruschev a un acordo para pechar aquela crise? 

ACTIVIDADE Nº 2: Analiza e opina.-
Saúdo entre Kruschev (esquerda) e Kennedy (dereita)
1. Segundo se desprende da primeira parte do documental: que razóns motivan que Estados Unidos tente derrubar a Fidel Castro?
2. Compartes a opinión de Castro na parte final na cal se mostra indignado co acordo que el califica de "bochornoso"? Por que cres que ten esa opinión?

________________________


NO PETO..


PREGUNTAS PARA EXPLICAR

1. A creba do absolutismo en España

2. O estoupido da Revolución Francesa

3. Consecuencias da Revolución Industrial

4. A Convención xacobina

5. As revolucións liberais (1820, 30 e 48)

6. Causas e consecuencias do Imperialismo

7. Causas e negociacións de paz da I Guerra Mundial

8. A Revolución Rusa

9. Características do modelo político da URSS

10 Características da ideoloxía nazi e fascista

11. Reformas e problemas do primeiro goberno da II República (bienio de esquerdas).

12. Causas e negociacións de paz da II Guerra Mundial


 PREGUNTAS BREVES

Tema 1:

1. Napoleón - Watterloo (1815)

2. Directorio

3. Diferencia entre xacobinos e xirondinos

Tema 2:

4. Diferencias entre Liberalismo e Nacionalismo

5. Congreso de Viena - Santa Alianza

6. Lideres da unificación alemana e italiana

Tema 3:

7. Marxismo - Anarquismo 

8. Ludismo

9. Great Trade Union - Robert Owen

10. Inventos, fontes de enerxía e países que iniciaron a I e II Revolución Industrial

Tema 4:

11. Lei sálica - Guerras carlistas

12. Diferencia entre moderados e progresistas

13. Revolución de 1868

14. Turnismo - Pacto do Pardo

15. I República - diferencia entre República unitaria e federal

16. Desastre do 98 (Factores) - Perda das últimas colonias

17. Moderantismo de Narváez (medidas adoptadas)

18. Desamortización de Mendizábal

Tema 5:

19. Citar colonias de: Gran Bretaña, Francia, Holanda, Alemaña, Portugal, España, Bélxica, Xapón e Italia - ("xoia da Coroa")

20. Guerras do Opio - Bóxers e Boers

21. Conferencia de Berlín

22. Canles de Panamá e Suez

Tema 6:

23. Diferencia entre a guerra de movementos e a guerra de trincheiras

24. Tratado de Brest Litovsk

25. Por que entra Estados Unidos na I Guerra Mundial? Por que abandona Rusia a I Guerra Mundial?

Tema 7:

26. Que zar foi e familia foi executado/a na Revolución Rusa?

27. Plan Dawes

28. Por que se produciu a crise de 1929?

29. New Deal

30. Marcha sobre Roma

Tema 8:

31. Por que entrou en crise o sistema turnista?

32. Ditadura de Primo de Rivera

33. Por que razóns abdicou Alfonso XIII? Consecuencias da súa abdicación?

34. Pacto de San Sebastián?

35. Revolución de outubro de 1934 contra o goberno de dereitas na II República

36. Fronte Popular e golpe e estado de 1936

Tema 9

37. Cal foi o último motivo que desencadenou o inicio da II Guerra Mundial?

38. Tratado Xermano-Soviético, Pacto de Aceiro

39. Guerra relampo (que país o puxo en práctica e en que consistía?)

40. Bombas atómicas

41. Por que entrou Estados Unidos na II G. Mundial?



________________________

 

CURSO 2023-24


Poñemos á túa disposición desde aquí o libro POSSUMUS Xeografía e Historia do teu curso. Trátase dunha ferramenta práctica, elaborada polo mestre pensada exclusivamente en ti, é á que poder acudir cando se precise na aula o una casa, ou ben cando, por calquera circunstancia, non poidas vir a clase durante o curso escolar e poder guiante así  axudadado polo mestre para recuperar o tempo perdido e poñerte ao día.
Non tes que imprimilo, podes traballar en el dixitalmente. Se che resulta máis cómodo, tamén podes imprimilo pola túa conta. Para ver este libro, terás que solicitar acceso. Para iso pincha no enlace que segue, e que te guiará.




4º ESO: LIBRO DE HISTORIA POSSUMUS





________________________



Temario curso 2023-24


No hay comentarios:

Publicar un comentario