1º ESO

 A MORTE DE XULIO CÉSAR

 

Penúltima entrada do blogue no curso. Nesta ocasión, aproveitando que estamos a traballar na aula o Imperio Romano, toca visionar dous pequenos vídeos que che servimos sobre a morte dun dos personaxes máis importantes dese imperio: Xulio César.
 
 

 



Logo de visionar os dous vídeos e investigar un chisco, realiza as seguintes actividades. [Fainas na libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “A MORTE DE XULIO CÉSAR”. Enmarca o devandito título e colorea logo ese cado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección en aula será o xoves 25 de abril.
_____________________

ACTIVIDADE Nº 1.- Contesta ás seguintes cuestións:

1. Onde e cando foi asesinado  Xulio César? (podes velo nos vídeos: indica día, mes e ano)
2. Por que razón foi asesinado Xulio César?
3. Nada máis entrar no Senado, un senador aborda a Xulio César: que lle pide?
4. No vídeo do programa “El Condensador de Fluzo”, apúntase o número de homes participaron naquel complot: cantos? Que deles foi o promotor daquel complot?
5. Cantas puñaladas lle deron a Xulio César?
6. Xulio César foi famoso polo éxito nas súas campañas militares: en Exipto, Asia Menor, N. de África… E que outro lugar se cita en Europa?
7. No vídeo da película, un último senador dalle a puñalada de gracia, cando Xulio César estaba moribundo no chan. En relación aos dous vídeos e o que poidas investigar: quen pensas que foi ese último personaxe ao que lle dan un puñal para rematalo?



Estatua de Xulio César
 
ACTIVIDADE Nº 2.- Sinala de son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións:
a) Na película Xulio César atopábase sentado cando foi abordado para matalo.
b) Nun último xesto Xulio César tratou de taparse o rostro coa súa toga para que non viran o seu rostro cando finara.
c) No vídeo de “El Condensador de Fluzo” Bruto recibe unha misiva na man onde figura escrito: “A mi prima le molas”.
d) Bruto era en realidade fillo de Xulio César.

e) Xulio César foi o primeiro emperador de Roma.
 
 ________________________________



NO PETO...



XEOGRAFÍA: PREGUNTAS PARA EXPLICAR.-


1. O planeta Terra: situación no universo, movementos da Terra, estrutura internado planeta Terra (capas).

2. As temperaturas (que son, con que aparello se mide, en función de que varían as temperaturas).

3. As precipitacións: que son, con que aparello de mide e como se forman.

4. Axentes que modelan o relevo terrestre (internos e externos).

5. Os climas da Terra (cálidos, temperados e fríos)

6. A vida no Paleolítico e no Neolítico

7. A relixión e vida de ultratumba no antigo Exipto

8. As colonizacións gregas

9. A democracia na antiga Atenas


XEOGRAFÍA: PREGUNTAS BREVES.-


1. Panxea

2. formas do relevo: península, cabo, golfo, depresión, istmo, ría, dorsal oceánica, fosa mariña, arquipélago, cordilleira, illa, meseta.

3. hidrosfera

4. criosfera

5. atmosfera

6. biosfera

7. litosfera (xeosfera)

8. que climas existen en España? zonas

9. latitude e lonxitude

10. meridianos e paralelos

11. presión atmosférica

12. cartografía

13. cumio máis alto e río máis longo de cada continente


PRÁCTICAS DE XEOGRAFÍA.-

1. Fusos horarios

2, Coordenadas xeográficas

3. Escalas (numéricas e gráficas)

4. Mapas isobáricos (tempo atmosférico)

5. Mapas físicos (mundi e España)

6. Climogramas



HISTORIA: PREGUNTAS BREVES.-


14. O proceso de hominización: cronoloxicamente, homínidos e un logro.

15. Pinturas rupestres e venus

16. Petróglifos

17. Monumentos megálitos

18. Xacimento con restos humanos máis antigos de España

19. Por orde cronolóxico: metais descubertos e domiñados polo ser humano.

20. escritura cuñeiforme e xeroglífica.

21. Mesopotamia: cigurats, orantes e estelas

22. O regadío en Exipto: como funciona ao longo do ano?

23. Exipto: faraón, visir

24. Que eran as polis? (antiga Grecia)

25. Que foron as Guerras Médicas e do Peloponeso: Cando se produciron? Por que estouparon cada unha desas guerras? Quen as gañou? Que consecuencias se derivaron de cada unha desas guerras?

26. Alexandre Magno: Que foi? Cando? Que logrou? Que pasou so seu imperio ao rematar?

27. Citar dúas aportacións importantes ao mundo actual de: Mesopotamia, Exipto e Grecia

28. Que son son campos de furnas e que pobos introduciros esta práctica?

29. Cales son os pobos que chegaron á Península polo Mediterráneo? Que aportación nos trouxeron?


______________________________


PRACTICANDO MAPAS: Podes practicar os mapas físicos do tema 3 pinchando nos seguintes enlaces:  



  ______________________


CURSO 2023-24

Poñemos á túa disposición desde aquí o libro POSSUMUS Xeografía e Historia do teu curso. Trátase dunha ferramenta práctica, elaborada polo mestre pensada exclusivamente en ti, é á que poder acudir cando se precise na aula o una casa, ou ben cando, por calquera circunstancia, non poidas vir a clase durante o curso escolar e poder guiante así  axudadado polo mestre para recuperar o tempo perdido e poñerte ao día.
Non tes que imprimilo, podes traballar en el dixitalmente. Se che resulta máis cómodo, tamén podes imprimilo pola túa conta. Para ver este libro, terás que solicitar acceso. Para iso pincha no enlace que segue, e que te guiará.


 1º ESO: LIBRO POSSUMUS XEOGRAFÍA E HISTORIA
 







_______________________


Temario curso 2023-24


1 comentario:

  1. Eu son doutro curso, pero non puiden evitar ver o video, jaja foi moi interesante

    ResponderEliminar