A MORTE DE XULIO CÉSAR
Penúltima entrada do blogue no curso. Nesta ocasión,
aproveitando que estamos a traballar na aula o Imperio Romano, toca visionar
dous pequenos vídeos que che servimos sobre a morte dun dos personaxes máis
importantes dese imperio: Xulio César.
Logo de visionar os dous vídeos e investigar un
chisco, realiza as seguintes actividades. [Fainas na libreta, deixando un
espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “A MORTE DE XULIO
CÉSAR”. Enmarca o devandito título e colorea logo ese cado. Lembra:
copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de
presentación e corrección en aula será o xoves 25 de abril.
_____________________
ACTIVIDADE Nº 1.- Contesta ás seguintes cuestións:
1. Onde e cando foi asesinado Xulio
César? (podes velo nos vídeos: indica día, mes e ano)
2. Por que razón foi asesinado Xulio César?
3. Nada máis entrar no Senado, un senador aborda a
Xulio César: que lle pide?
4. No vídeo do programa “El Condensador de Fluzo”,
apúntase o número de homes participaron naquel complot: cantos? Que deles
foi o promotor daquel complot?
5. Cantas puñaladas lle deron a Xulio César?
6. Xulio César foi famoso polo éxito nas súas campañas
militares: en Exipto, Asia Menor, N. de África… E que outro lugar se cita en
Europa?
7. No vídeo da película, un último senador dalle a
puñalada de gracia, cando Xulio César estaba moribundo no chan. En relación aos
dous vídeos e o que poidas investigar: quen pensas que foi ese último personaxe ao que lle dan un puñal para rematalo?
Estatua de Xulio César |
a) Na película Xulio César atopábase sentado cando foi abordado para matalo.
b) Nun último xesto Xulio César tratou de taparse o rostro coa súa toga para que non viran o seu rostro cando finara.
c) No vídeo de “El Condensador de Fluzo” Bruto recibe unha misiva na man onde figura escrito: “A mi prima le molas”.
d) Bruto era en realidade fillo de Xulio César.